ONDE TEÑO AS PROPIEDADES DA FAMILIA

  • 24 de Novembro 2014

Unha das maiores problemáticas que nos atopamos na xestión dos nosos montes é a localización e situación dos mesmos.

A grande fragmentación que sofre o medio rural galego con esa figura característica do minifundismo, agás naquelas parroquias onde se levou a cabo o proceso de concentración parcelaria, unido ao propio abandono das propiedades, fai que despois duns anos –incluso décadas-sen ir ao monte sempre nos asaltan as mesmas dúbidas e preocupacións....Onde teño as propiedades da familia?? ou ...éstá mais ou menos por ahí¡¡¡.

O catastro actual en moitas zoas é moi defectuoso, o cal tampouco axuda nada á hora de chegar e delimitar ben a nosa propiedade, polo que en moitas ocasións hai que recorrer incluso ao catastro anterior para ver e entender mellor a realidade dos nosos montes.

Co fin de facilitarlle as cousas ao propietario forestal, Xanela Forestal ofrece o servizo do CADERNO DE MONTES.

Un documento que recolle a realidade da nosa propiedade e nos axuda en todo momento a ter moi claro onde temos os nosos montes.