REQUIRIMENTO DE DOCUMENTACIÓN E EMENDA DAS SOLICITUDES DAS AXUDAS PARA O FOMENTO DA SILVICULTURA

  • 11 de Decembro 2014

O pasado martes 9 de decembro saiu publicado no DOG a

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2014, da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, pola que se procede á publicación dos requirimentos de documentación e emenda das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 26 de setembro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da silvicultura en bosques no medio rural, en concorrencia competitiva, cofinanciadas co Feader no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2014 (MR605A).

Unha vez revisadas as solicitudes, a Subdirección Xeral de Recursos Forestais, clasificounas por orde decrecente atendendo aos criterios de prioridade da devandita orde e, para as que existe suficiente dispoñibilidade orzamentaria, procede requirir a documentación establecida nos artigos 13.2 e 14.4 da mesma orde.
Requirese a todas as persoas e entidades solicitantes recollidas no anexo  para que, no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta e acheguen a documentación requirida conforme se establece nesta resolución.