ORDE do 30 de decembro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención e defensa contra os incendios forestais en MVMC.

  • 27 de Xaneiro 2015

O pasado martes 20 de xaneiro publicouse no DOG, a orde que  ten por obxecto establecer as bases reguladoras da concesión de subven­cións que os titulares de montes veciñais en man común (MVMC) e as súas agrupacións poderán percibir para a posta en marcha de actuacións preventivas sobre incendios forestais e a súa convocatoria para o ano 2015.

De acordo co devandito obxecto, establécense dúas liñas de subvencións:

  •   Liña I: subvencións para o control selectivo de combustible (código de procedemento MR651A).
  •   Liña II: subvencións para a construción de puntos de auga (código de procedemento MR651B).

A superficie forestal mínima por expediente será de cen hectáreas (100 ha).

Non se concederán subvencións para o control selectivo de combustible nas mesmas superficies en que se subvencionou nos tres anos anteriores, excepto para a acción de roza de penetración, rareo e eliminación de restos das entre faixas de masas forestais.

O disposto nesta orde será de aplicación aos montes veciñais en man común da Comunidade Autónoma de Galicia, excepto aqueles que estean consorciados coa Administración, salvo que solicitasen a rescisión ou transformación do dito consorcio. No caso de montes consorciados coa Xunta de Galicia, poderá solicitarse subvención naquela superficie non consorciada.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte á publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

Mais información en Xanela forestal.