Aumento das distancias das plantacións ás vivendas.

  • 4 de Xaneiro 2018

No DOG nº 245 do xoves 28 de decembro de 2017, publicouse a Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas. Dita Lei recolle entre os artigos 17 e 19 diversas modificacións da Lei de Prevención e defensa contra os Incendios forestais en Galicia, da Lei de mobilidade de terras e da lei de montes de Galicia, entre as que destaca o aumento das distancias de plantacións a vivendas, quedando da seguinte forma:
Con edificacións, vivendas illadas, urbanizacións, depósitos de lixo, parques e instalacións industriais situadas a menos de 400 metros do monte e fóra de solo urbano e de núcleo rural e con solo urbano, solo de núcleo rural e solo urbanizable. As distancias serán de 15 metros cando se empreguen as especies de frondosas do anexo I da Lei de Montes, e 50 metros no resto de especies.

Esta Lei entrou en vigor o pasado luns dia 1 de xaneiro de 2018.