Valoracións e cubicacións

VALORACIÓNS

O sector forestal leva uns anos estando en boca de todos, debido a súa expansión. Isto fai que medren as valoracións de tipo forestal, aínda que este aumento da demanda, non se corresponda cunha maior especialización e competividade polos técnicos que realizan as valoracións.

Deixando de lado o carácter mercantilista da valoración en si, hai que destacar que o simple feito de valorar é útil para tomar moitas decisións á hora de ordenar ou xestionar os montes, onde os xestores deben decidir que recursos investir, xa sexa con fins produtivos ou protectores.

CUBICACIÓNS

Xanela Forestal realiza cubicacións de madeira en pé.

 

EXPROPIACIÓNS

Nun expediente expropiatorio é clave coñecer tanto o procedemento administrativo coma realizar unha axeitada valoración, sobre a base da lexislación vixente. Xanela forestal, conta cunha ampla experiencia tanto á hora de realizar o procedemento administrativo (Urxente ocupación / taxación conxunta), como á de asesorar os afectados de expropiacións de estradas, parques eólicos, minas, liñas eléctricas ou gasodutos.