Xestión cinexética

A caza é outro dos produtos dos nosos montes. Unha correcta xestión das especies cinexéticas levará a que toda a sociedade desfrute da fauna salvaxe que albergamos nos montes.

A través das ordenacións nos diferentes Tecores, buscamos os seguintes obxectivos:

Proporcionar unhas directrices que sirvan para xestionar e manter indefinidamente o recurso cinexético, garantindo en todo momento o aproveitamento sostido.

Conservar e mellorar os hábitats onde se sitúa o recurso.

Compatibilizar a caza cos outros aproveitamentos do monte.