Xestión forestal

A través da xestión forestal garantimos o futuro dos nosos montes. Utilizando diferentes instrumentos como

A ordenación.

O inventario.

A dasometría

Ou a silvicultura, permite que os propietarios obteñan rendibilidade dos seus montes, ao mesmo tempo que garanten a rexeneración dos mesmos.

A Xestión Forestal Sostible (XFS) definiuse como a Administración e uso dos bosques de xeito e en tal medida que manteñan a súa biodiversidade, produtividade, capacidade de rexeneración, vitalidade e o seu potencial de cumprir, agora e no futuro, funcións ecolóxicas, económicas e sociais relevantes, a escala local, nacional e global, sen causar dano a outros ecosistemas (Conferencia Ministerial de Helsinki, 1993).